Información

Organización

Club de Orientación Raza Palleira
  • Organizan: Federación Española de Orientación (FEDO) e Federación Galega de Orientación (FEGADO), a través do Club de Orientación Raza Palleira.
  • Director da competición: Antonio Domínguez.
  • Director técnico: Xoel Chamorro.

Programa provisional

Día Proba Centro de competición
Sábado 10, mañá Sprint individual (clasificatoria do knock-out élite) Casco histórico
Sábado 10, tarde Sprint aberto (non oficial) Zona norte
Sábado 10, tarde Sprint knock-out (élite masculina e feminina) Zona norte
Domingo 11, mañá Campionato de España de relevos mixtos sprint Campus Norte da Universidade de Santiago

Os horarios publicaranse nos próximos boletíns.

Inscricións

As inscricións faranse no sistema de inscricións da FEDO.

Aparcamento

  • Coches: aparcadoiros públicos e privados do perímetro do casco histórico.
  • Autocaravanas: zona reservada no Campus Sur.

Contacto

razapalleira@razapalleira.com